CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES PARA PROXECTOS DE INVESTIMENTOS QUE PROMOVAN A POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E PAISAXÍSTICO DESTES TERRITORIOS NA ANUALIDADE 2026
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o 27 de marzo de 2026, acordou a aprobación das bases da convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para proxectos de investimentos que promovan a posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2026.
Beneficiarios
En xeral, poderán solicitar subvencións ao amparo desta convocatoria as entidades ou asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas, inscritas no rexistro público correspondente na data de publicación desta convocatoria, con sede/delegación social ou cuxo ámbito territorial de actuación estea incluído nas Reservas da Biosfera Terras do Miño ou Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (en adiante, Os Ancares Lucenses), e cuxo obxecto social estea relacionado con algunha das liñas dos Plans de Xestión das referidas Reservas.
Obxecto
Estas subvencións están destinadas a promover os proxectos de investimentos de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade de 2026, e cuxos fins contribúan ao cumprimento dalgunha das Liñas dos seus Plans de Xestión.
A convocatoria inclúe dúas liñas diferenciadas:
Gastos subvencionables
Terán a consideración de gastos subvencionables, aqueles considerados como investimentos (non se consideran subvencionables os gastos correntes) segundo a base 4 da convocatoria, que contribúan ao cumprimento dalgunha das accións dos Plans de Xestión das Reservas da Biosfera Terras do Miño ou Os Ancares Lucenses, sempre que se enmarquen nunha das actuacións recollidas na base 1 da convocatoria.
Contía
A cantidade destinada para a concesión das referidas subvencións será de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €):
A subvención que a Deputación Provincial pode conceder estará comprendida no intervalo establecido na seguinte táboa:
|
IMPORTE MÍNIMO |
IMPORTE MÁXIMO |
|
2.000,00 € |
12.000,00 € |
Bases reguladoras
As bases da convocatoria (así como os modelos de solicitude e de xustificación) pódense consultar na web da Deputación Provincial de Lugo:
https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/medioambiente/subv_investim_RRBB2026
Outros datos
O prazo máximo de execución da actividade subvencionada será dende o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro do 2026.
Cando menos, o 5% do custo total da actuación subvencionada deberá ser financiado con recursos propios da entidade beneficiaria.
Unha mesma entidade asociativa poderá concorrer nesta convocatoria á LIÑA 10.2 (territorio da Reserva da Biosfera Terras do Miño) e, do mesmo xeito, á LIÑA 10.3 (territorio da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses). Con todo, unha mesma entidade asociativa só poderá ser beneficiaria dunha única subvención en cada liña desta convocatoria e, do mesmo xeito, só poderá presentar unha única solicitude a cada liña.
Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP da provincia de Lugo do extracto da convocatoria.
É dicir, o prazo está aberto dende o MÉRCORES 08/04/2026 ata o MARTES 28/04/2026 (ámbolos días inclusive).
De acordo co previsto nas bases da convocatoria, as solicitudes formularanse de xeito electrónico, dirixidas ao Presidente de Deputación de Lugo, nos modelos oficiais xunto coa documentación que sexa preciso achegar, a través da Sede Electrónica da Deputación Provincial de Lugo, así como ou a través do restantes rexistros electrónicos aos que se refire o artigo 16.4 da LPACAP.
As solicitudes deber estar asinadas electronicamente.
Para presentar a documentación (en PDF) na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede
Así mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.
Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:
Para máis información:
Teléfono: 982 227 813
E-mails: terrasdomino@deputacionlugo.org
ancareslucenses@deputacionlugo.org
Bases da convocatoria, modelos de solicitude e outra documentación de interese:
Publicación anuncio convocatoria BOP 07.04.2026
Modelos de solicitude:
Anexo I: Solicitude. Formato pdf (prema, descargue e garde). Formato .odt
Anexo II: Certificado do/a secretario/a da entidade. Formato pdf (prema, descargue e garde). Formato .odt
Anexo III: Solicitude de autorización para a subcontratación de actividades subvencionadas con terceiros. Formato pdf (prema, descargue e garde). Formato .odt
Solicitude de anticipo:
Anexo IV: Solicitude de anticipo. Formato pdf (prema, descargue e garde). Formato .odt
Outra documentación de interese:
Plan de Xestión da Reserva da Biosfera Terras do Miño (2024-2034)
Logotipos a incluír na execución dos investimentos:
- Imaxe corporativa da Deputación de Lugo
- Imaxe da Reserva da Biosfera Terras do Miño
- Imaxe da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses