A Presidenta da Deputación de Lugo asiste en Viveiro á procesión da Última Cea
A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participou este xoves en Viveiro na procesión da Última Cea, enmarcada dentro da programación da Semana Santa 2026 deste concello mariñán. Este paso marcou o inicio dunha noite na que tamén tivo lugar a procesión do Prendemento e a da Misericordia. A institución provincial colabora con esta festividade relixiosa, declarada de Interese Turístico Internacional, cunha achega económica de 30.000€ contribuíndo así á posta en valor dunha importante cita para toda a comarca da Mariña que atrae, durante estas xornadas, a unhas 40.000 persoas.