A Deputación impulsa con case 36.000€ a XLIV Feira do Viño de Quiroga, que reuniu a 14 bodegas da zona
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na XLIV Feira do Viño de Quiroga, que incluíu durante esta fin de semana catas, actuacións musicais e diferentes actividades como o XVII Certame Celtibérico de bandas de gaitas. Este evento, que reuniu a 14 bodegas da zona, conta cunha importante colaboración por parte da Deputación de Lugo, que achega preto de 36.000€ a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2026, para a celebración desta cita. Rivera Capón recalcou que “a Feira do Viño de Quiroga é unha cita clave no noso calendario para a promoción do sector vitivinícola e para a dinamización económica de toda a comarca”.