A Deputación inicia as obras de mellora da estrada que une Castro de Rei e Rábade
A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de mellora da LU-P-1107, que é a estrada que une Castro de Rei e Rábade. Trátase dunha vía clave para a mobilidade da contorna, o transporte escolar e o acceso a servizos médicos e culturais.
Os traballos, dos que se encarga a empresa Construcciones Carballeira SL, contan cun investimento de 163.600€ e afectan a un treito de 9 quilómetros, entre a parroquia castrense de San Xiao de Mos e a Fonte da Pinguela, en Outeiro de Rei, desde o punto quilométrico 4,3 ao 13,2. As obras nesta vía inclúen a apertura de cunetas, reparación de desperfectos e a repavimentación.
Esta estrada é moi empregada pola veciñanza, xa que conecta con vías con moito tráfico como a N-VI e dá servizo a recursos destacados como a Casa das Insuas. Ademais tamén conta con tráfico agrícola e permite achegarse a zonas de sendeirismo, pesca e natureza de interese para os visitantes.