A Presidenta valora “o potencial económico e turístico da Festa do Berberecho de Foz” que este fin de semana celebra unha nova edición
A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, xunto ao Alcalde de Foz e deputado provincial, Francisco Cajoto, asistiu este sábado no porto da localidade mariñá á vixésimo cuarta edición da Festa do Berberecho de Foz. O evento comezou coa lectura do pregón a cargo de Xesús BasantaMartínez e continuou con varias actuacións musicais e a tradicional degustación de chícaros e mexillóns. Paralelamente a esta programación a hostalería local tamén está a ofrecer diferentes elaboracións deste produto.
Carmela López felicitou ao Concello de Foz e a todas as persoas e entidades implicadas por organizar unha nova edición desta cita gastronómica. Destacou ademais o “seu potencial económico e turístico, porque contribúe á dinamización da economía local e á promoción do produto do mar”.