Lugo Debate pon punto e final a tres xornadas de torneo co apoio da Deputación
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo RiveraCapón, participou este sábado na entrega de premios e clausura do Torneo Lugo Debate que se desenvolveu no Círculo das Artes. Na cita, que contou cunha achega de 10.000€ da institución provincial, participaron desde o xoves 200 estudantes de Secundaria, Bacharelato e Universidade de toda Galicia. “No nome da Deputación de Lugo quero expresar un orgullo fondo e compartido polo nivel que acadastes”, sinalou o Deputado, “porque Galicia necesita persoas que saiban construír desde a palabra”.