Deputación de Lugo

A Moexmu reafírmase como cita clave do agro galego co apoio da Deputación

moexmu

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco CajotoCaserío, participou este domingo na clausura da XLIIedición da Mostra Exposición de Muimenta (MOEXMU)e na entrega de premios dos diferentes concursos, a XXXIV Concurso de Gando Frisón, a XL Exposición de Gando de Raza Rubia Galega e XXX Poxa de Gando Selecto, que se celebraron esta fin de semana no recinto feiral Manuel Vila da localidade. Cajoto Caserío felicitou á organización polo éxito de convocatoria que demostrou un ano máis a cita, coa que a institución provincialcolaborou cunha aportación de 8.000€ e a cesión de dúas xatas da Granxa Gayoso Castro, dentro da súa aposta por apoiar a actividade do sector primario como piar económico da provincia, que contribúe a xerar riqueza e emprego.