Deputación de Lugo

A Deputación impulsa as Feiras de Primavera do Páramo, que inauguran hoxe unha nova edición

O Páramo

O Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro Díaz, participou este venres na inauguración da 48ª edición das Feiras e Festas de Primavera do Páramo. Destacoua a colaboración da Deputación, que achega 4.300€, “para garantir a continuidade desta cita, que ten unha función económica clave no sector agrogandeiro, un valor social e de cohesión territorial relevante e un compoñente cultural e identitario destacable”.

A xornada, que se desenvolveu no Campo da Feira de Vilarmosteiro, contou co pregón do escritor Raúl Taboada e a actuación de diferentes grupos folclóricos. Mañá terá lugar a feira de gando e o domingo a feira cabalar. Durante os tres días, os asistentes poderán visitar exposicións permanentes de maquinaria agrícola, artesanía e pintura.