Deputación de Lugo
Turismo

Carmela López e Miguel Fernández visitan o campamento da Garda Pretoriana ás portas do Arde Lucus

arde lucus

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, visitaron este martes o campamento da asociación Cohors Lvcensivm Praetoria situado na praza de San Marcos. Fixeron un percorrido polas instalacións que recrea a edificación central da Castra Praetoria romana nun espazo de 800 m 2 e recibiron do presidente da asociación un pugio, unha daga que usaba a Garda Pretoriana para a defensa persoal.

A Deputación de Lugo colabora co Concello de Lugo para reforzar a proxección e a calidade do Arde Lucus 2026, unha das citas culturais e turísticas máis importantes da capital lucense e que se celebra ata este domingo, 21 de xuño.

Arde Lucus