Deputación de Lugo

Preto de 40 persoas participan no obradoiro de globoflexia que organiza a Deputación no marco do Arde Lucus

Pablo Rivera Capón
arde lucus

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, acompañou na tarde deste xoves ás persoas que participaron no obradoiro Arde Lucus en Familia, unha iniciativa impulsada pola Deputación para contribuír á ambientación da festa romano-castrexa mediante a elaboración de globos inspirados na antiga Roma. Rivera Capón saudou ás familias e destacou que esta proposta “busca fomentar a participación e a convivencia entre xeracións a través dunha actividade lúdica e cultural, ao tempo que contribúe á posta en valor dunha das celebracións máis emblemáticas da capital lucense”. 

Os obradoiros, dirixidos a nenos e nenas e persoas adultas, celebráronse nas aulas de formación do Pazo de San Marcos e realizáronse deseños con globos: como escudos, coroas e outros elementos decorativos propios da recreación histórica. Ademais, creouse un photocall temático que quedará instalado durante as festas na sede provincial.