A Deputación participa na festividade do Colexio de Avogados de Lugo na honra ao seu patrón San Raimundo Peñafort
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este venres nos actos conmemorativos organizados polo Ilustre Colexio de Avogados de Lugo, con motivo da súa festividade na honra ao seu patrón, San Raimundo de Peñafort. Durante o acto, realizouse o acto de xura ou promesa dos novos avogados e avogadas que se incorporan ao exercicio profesional. A directiva distinguiu tamén os méritos de diferentes profesionais da avogacía en Lugo coa entrega de medallas e da insignia de ouro en recoñecemento das súas traxectorias.
Miguel Fernández felicitou ás novas incorporacións do colexio e trasladou os seus parabéns aos diferentes homenaxeados, salientando que “unha avogacía forte é clave para que o Estado de Dereito funcione correctamente, porque os letrados e letradas aseguran na práctica que os dereitos das persoas se cumpran de verdade”.