Miguel Fernández destaca que o Campionato de España de Barco Dragón foi “un éxito deportivo e social” posible grazas á Deputación de Lugo
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este domingo na última entrega de premios do Campionato de España de Barco Dragón 200 metros. A cita deportiva, que se celebrou durante toda a fin de semana, contou cunha achega por parte da institución provincial de 25.000€. Ademais, participaron preto de 800 deportistas de 29 clubs chegados de diferentes puntos de España.
Miguel Fernández sinalou o “éxito deportivo e social” do campionato e destacou que “o apoio da Deputación a este tipo de competicións responde ao noso compromiso cun deporte que promove a igualdade, a inclusión e os hábitos de vida saudables”. Ademais, puxo en valor a capacidade de Lugo para acoller eventos de ámbito nacional e o impacto positivo que teñen estas citas na economía local e na proxección da provincia.