Cooperación concellos
Deputación de Lugo

Parga celebrará o 19 de xullo a súa tradicional Feira da Cantería, Callos e Artesanía grazas á Deputación

Guitiriz
PARGA

A Deputada e Alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, presentou este venres na Escola Habanera de Guitiriz a XXXI Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga, que terá lugar o vindeiro 19 de xullo. A Deputación de Lugo colabora coa organización deste evento cunha achega de 10.500 euros a través do Plan Deputación, contribuíndo á celebración dunha cita consolidada que promove os oficios tradicionais, a gastronomía e a dinamización do medio rural. O programa deste ano incluirá, a degustación de callos, postos de artesanía, exhibicións do Cabalo de Pura Raza Galega de Andadura, actuacións musicais e espectáculos de maxia para todos os públicos.