Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A X edición do torneo Lugo é Basket enfrontará ao Breogán co Boca Juniors, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación

A X edición do torneo Lugo é Basket enfrontará ao Breogán co Boca Juniors, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación

O partido será o mércores 9 ás 20.30 horas. As entradas xa están á venta

Lugo, 7 de setembro de 2026.- O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, xunto con Salva Arco, director xeral do CB Breogán, Rubén Engroba, da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, e outras autoridades; presentaron o torneo Lugo É Basket, que celebrará a súa X edición o vindeiro mércores día 9, ás 20.30 horas no Pazo Provincial dos Deportes.

O partido enfrontará o CB Breogán co Boca Juniors arxentino, equipo que se proclamou  esta tempada campión da BCL Américas, o que lle dá dereito a participar na Copa Intercontinental FIBA 2026 que se disputará do 22 ao 27 de setembro en China.

O Vicepresidente destacou a “oportunidade para o breoganismo de ver un equipo como o Boca Juniors, con gran palmarés e traxectoria, e tamén para o equipo que se medirá a un dos grandes do baloncesto mundial”.

Entradas e streaming

As entradas para o partido xa están á venta na plataforma entradas.lugoebasket.es e tamén estarán dispoñibles o día do encontro na billeteira. Ademais, o partido poderá seguirse a través do apartado de retransmisións da web do Breogán.