A Vicepresidencia da Deputación e o Concello de Muras colaboran co Club Ciclista Viveiro na organización do Gran Premio Ciclista Concello de Muras
Lugo, 10 de setembro de 2026.- O vicepresidente da Deputación Efrén Castro participou, xunto co alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e membros do Club Ciclista Viveiro, na presentación do Gran Premio Ciclista Concello de Muras, que tivo lugar, na mañá do xoves, na praza da Galeguidade do concello chairego.
A proba forma parte do campionato de Galicia de ciclismo por estrada, e competirán as categorías femininas, así como as cadete e infantil masculinas. A competición desevolverase nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura, e con saída e meta diante da casa consistorial.
Efrén Castro destacou “este Gran Premio contacon dous principais atractivos, por unha parte é un trazado moi interesante para os corredores, dada a súa esixencia, e por outra pon en valor a contorna tan especial do concello de Muras e a Serra do Xistral”
As inscricións, reservadas a deportistas federados, están abertas ata o mércores 16 de setembro.