A Vicepresidencia da Deputación colabora coa Quiroga Bike Marathon, que se celebra o 19 de setembro
O vicepresidente da Deputación Efrén Castro participou este marte na presentación oficial da segunda edición da Quiroga Bike Marathon 2026, que se celebrará o sábado -19 de setembro – na contorna do Xeoparque Montañas do Courel.
A Vicepresidencia da Deputación colabora no financiamento da proba, que ofrece dous percorridos: Quiroga Bike Marathon, de 45 quilómetros e 1300 de desnivel positivo, e Quiroga Bike Extreme, de 65 quilómetros e 2300 metros de desnivel positivo.
Efrén Castro encadrou o apoio á proba, canalizado a través dun convenio co Concello de Quiroga, na “aposta polo ciclismo como plataforma para promover o deporte e promocionar o territorio ” e valorou “a oportunidade que este tipo de probas ofrece para dar a coñecer a riqueza paisaxística, cultural e patrimonial a novos visitantes”
Nesa liña, a organización da proba ofrece a persoas acompañantes das e dos ciclistas participantes visitas organizadas á aldea de Fisteus, ao Museo Xeolóxico de Quiroga ou ao Museo Etnográfico municipal
A saída e meta da proba estará ubicada a carón da Casa do Concello de Quiroga.