Iria Castro reuniuse coa Policía Nacional para facer seguimento das medidas de vixilancia adoptadas na contorna do Museo Provincial de Lugo
A deputada de Cultura Iria Castro mantivo esta mañá unha reunión co Comisario Xefe da Policia Nacional en Lugo Luis Miguel Romera e o Secretario José Aneiros para facer seguimento das medidas de vixilancia adoptadas polas forzas de seguridade na contorna do Museo Provincial de Lugo.
Na xuntanza, na que participaron responsables do servizo de seguridade da Deputación de Lugo, valorouse tamén a posibilidade de que axentes policiais reforcen os dispositivos de seguridade nos traslados de pezas fóra do Museo.
A responsable provincial mantivo nas últimas semanas diferentes reunións de traballo co obxectivo de garantizar a seguridade dos fondos do Museo Provincial de Lugo ante a preocupación extendida polas últimas sustraccións de pezas en museos españois – no Museo Arqueolóxico Provincial de Badajoz, no Museo de Albacete ou no Museo de Villena – e europeos.