Deputación de Lugo

A Deputación recibe ao Presidente do Colexio de Axentes Comerciais de España

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recibiu este xoves no Pazo de San Marcos ao presidente do Colexio Oficial de Axentes Comerciais de España, Manuel Maestre, con quen abordou asuntos relacionados coa actualidade do sector. Maestre visita a cidade con motivo da celebración do acto conmemorativo do centenario do colexio lucense, un evento que se celebrará esta tarde no Círculo das Artes de Lugo. Esta cita, na que participará a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, conta cunha colaboración da institución provincial de 3.000€ e nela a entidade lucense repasará a historia da profesión e os desafíos dos próximos anos, entre outras cuestións.