Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

O Valadouro e Alfoz organizan o 3 de outubro a sexta edición da súa carreira popular, coa colaboración da Deputación de Lugo

Alfoz
O Valadouro
CARREIRA POPULAR
Presentación da carreira popular

Lugo, 25 de setembro de 2026.- O deputado Daniel García participou esta tarde na presentación da V Carreira Popular Valadouro-Alfoz, que se celebra o vindeiro 3 de outubro e que conta coa colaboración da Deputación de Lugo.

A proba, que organizan de forma rotatoria os dous municipios veciños, está aberta á participación de diferentes idades, con percorridos para a categoría absoluta (6,6 quilómetros), infantil e cadete (1,7 quilómetros), alevín (1,2 quilómetros), benxamín (600 metros) e pícaros (200 metros). A oferta complétase cunha andaina popular, tamén de 6,6 quilómetros. Para a carreira absoluta, a saída será no pavillón municipal de Alfoz e a meta no pavillón do Valadouro. As categorías inferiores correrán pola contorna do pavillón de Alfoz.

No acto, no que participaron Efigenia Maseda, alcaldesa de Alfoz, Manuel Lamela, alcalde do Valadouro, os concelleiros de Deportes de Alfoz, Eliseo Lorenzo, e do Valadouro, Senén A. Castro, e o xefe provincial de Deportes da Xunta Manuel Otero púxose en valor a colaboración entre os dous municipios na organización da proba.

Daniel García valorou “a contribución destas probas populares a fomentar hábitos de vida saudables e tamén  ao dinamismo social nos concellos”.

O prazo de inscrición está aberto ata o 1 de outubro.