A Deputación apoia unha nova edición das San Lucas de Mondoñedo: a feira máis antiga de Galicia
O deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na Casa do Concello de Mondoñedo na presentación dunha nova edición das San Lucas, a feira máis antiga de Galicia que se celebrará do 16 ao 25 de outubro neste municipio mariñán.
Cajoto Caserío recordou a capacidade de convocatoria desta celebración que “permite atraer cada ano milleiros de visitantes e ofrecerlles a oportunidade de coñecer Mondoñedo, a Mariña Lucense e todo o conxunto da nosa provincia”.
Así mesmo, sinalou que a institución provincial impulsa esta nova edición cunha achega económica de 35.000 euros “reafirmando así o noso compromiso con aquelas celebracións que contribúen a dinamizar os nosos concellos”.