A Vicepresidencia da Deputación edita “Lugo Terceiro Milenio” do fotógrafo Xosé Manuel Otero
Lugo, 30 de setembro de 2026.- A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, presetou, no Salón de Actos da Deputación, o fotolibro “Lugo Terceiro Milenio”, do fotógrafo Xosé Manuel Otero, editado polo Servizo de Publicacións da institución provincial.
Trátase dunha obra que percorre con máis de 300 imaxes que reflicten a vida cotiá da provincia de Lugo nos primeiros 25 anos do século XXI, poñendo de manifesto os cambios e a evolución que trouxo consigo o novo milenio.
Ademais o libro conta con textos do escritor e profesor Toño Núñez e cun limiar da fotógrafa Mercedes Vázquez.
As persoas que asistiron puideron levar unha copia do libro de balde. O acto contou coa participación da Deputada de Cultura e responsábel do Servizo de Publicacións, Iria Castro, Xosé Manuel Otero, autor do libro, Toño Núñez e Mercedes Vázquez.