Cultura
Deputación de Lugo

A Sociedade Filarmónica de Lugo inicia o 28 de outubro unha nova tempada de concertos coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación

SOCIEDADE FILARMÓNICA DE LUGO
Circulo das Artes
A Sociedade Filarmónica de Lugo inicia o 28 de outubro unha nova tempada de concertos coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación

Lugo, 14 de outubro de 2026.-  O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou esta mañá na presentación da nova tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo, que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A programación musical inclúe 15 concertos, que se celebrarán no Circulo das Artes de Lugo, do 28 de outubro ao 6 de maio: da Camerata OSG, da Real Filharmonía de Galicia, do Cuarteto Gerhard, do Cuarteto Opus X, da Orquesta da Fundación Filarmónica de Oviedo, da Orquestra Sinfónica Vigo 430, de Lied The Future, da Banda Filharmónica de Lugo, de Concentus Lucensis, das pianistas Ana Huerta, Judith Jáuregui e Estefan Iatcekiw ou da mezzosoprano Julia Portela Piñón

O vicepresidente da Deputación valorou “o  traballo desenvolvido pola Sociedade Filarmónica para consolidar esta programación musical na axenda cultural da cidade, reunindo artistas e formacións   ao nivel de calquera cidade europea” e reafirmou “o compromiso da Vicepresidencia da Deputación cos colectivos culturais da cidade de Lugo, cun apoio estable e continuado á súa actividade”.

Coa tempada de concertos, a Sociedade Filarmónica de Lugo encamiñase cara ao 80 aniversario. A entidade fundouse o 16 de decembro de 1946 e programou o primeiro concerto o 17 de maio de 1947.

Programación completa: https://filarmonicadelugo.com/category/artigos/