Palestras, obradoiros e concertos buscan crear comunidade entre mulleres lusófonas co proxecto Galeguía
Lugo, 30 de outubro de 2026.- Lugo acollerá do 13 ao 15 de novembro o I Encontro Artístico de Canto de Mulleres Galeguía, un conxunto de actividades artísticas ao redor do canto popular como práctica artística, política e relacional.
O proxecto, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e producido por Nordesía Producións coa coordinación de Neves Núñez Delgado, propón un intercambio cultural e artístico entre comunidades de mulleres de Cabo Verde, Brasil, Portugal e Galiza coa guía das artistas e investigadoras Vania Couto, mestra do Coro das Mulheres da Fábrica, Ugía Pedreira do grupo de cantareiras Erikas e Peluxías, ademais de profesionais especializadas en canto comunitario e música tradicional.
O programa artéllase arredor de palestas e obradoiros abertos á participación de artistas e público en xeral que se desenvolverán os días 13 e 14 -venres e sábado - no Pazo de San Marcos e no auditorio da Facultade de Veterinaria.
Ademais, o día 15 -domingo - terá lugar unha xuntanza para as persoas interesadas na creación dun grupo de canto colectivo que una repertorios populares das tradicións orais da lusofonía na Casa do Saber da USC. Para participar nos obradoiros e actividades cómpre inscribirse no formulario dispoñible nas redes sociais do proxecto (@galeguiacanto) e en cultura.deputacionlugo.gal
Programa
Venres 13 – Pazo de San Marcos
10.15 Presentación do I Encontro Artístico Galeguía
10.30 Palestra: Movimento Primavera de Coros (Portugal). Matilde Simões
Pausa-Café
12.00 Palestra: O Batuko, canto colectivo das mulleres da Illa de Santiago (Cabo Verde). Luzia Oca
13.15 Obradoiro de canto colectivo. Vânia Couto e Vanerli Beloti
16.00 Obradoiro/1º ensaio de canto comunitario de canción popular lusófona. Vânia Couto e Vanerli Beloti
18.00 Obradoiro de Toque de adufe e pandeireta. Coro das Mulheres da Fábrica e as Erikas e Peluxias
Sábado 14
Pazo de San Marcos
10.30 Palestra: O adufe e a Palavra Cantada: música tradicional como proceso vivo e potenciador do colectivo. Liliana Abreu
Pausa-Café
12.00 Palestra/Obradoiro: A saúde de cantar en comunidade. Ugía Pedreira
16.00 Obradoiro de Batuko. Batuko Tabanka
Auditorio da Facultade de Veterinaria
17.30 Obradoiro/2º ensaio de canto comunitario de canción popular lusófona. Vânia Couto e Vanerli Beloti
19.00 Concerto: Vânia Couto e Xoán Fuertes. Acompañan: Ugía Pedreira, Liliana Abreu, Miguel Díaz Valdês, Dulce Cruz, e polas voces do Coro das Mulheres da Fábrica, Erikas e Peluxias e Batuko Tabanka.
Domingo 15: Salón de actos da Casa do Saber
11.00 Xuntanza/conversa para todas as persoas que estean interesadas en participar na creación dun grupo de canto colectivo.
Inscripcións no encontro