A Deputación promove que o vindeiro partido do CB Breogán se dedique a visibilizar a labor social de ASPNAIS
- Repartirase información entre o público asistente sobre o traballo que leva a cabo esta asociación na provincia de Lugo dende fai 50 anos para integrar social, educativa e laboralmente ás persoas con algún tipo de discapacidade intelectual- Rivera Capón subliñou que o obxectivo deste tipo de campañas é camiñar cara unha sociedade máis xusta e igualitaria. Cremos que o Breogán pode ser unha boa canle para chegar aos cidadáns de toda a provincia pola enorme masa social que move- A Deputación cederá entradas do contrato de patrocinio aos membros e usuarios da Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo para que acudan a presenciar o encontro do sábado no Pazo Provincial dos Deportes- O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acollerá mañá, a partir das 20:30 horas, unha charla-coloquio sobre deporte e saúde impartida polo adestrador do Breogán, Natxo Lezkano, e o Xefe da Unidade de Cardioloxía do HULA. A entrada é de balde
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Presidente de ASPNAIS, José Reigosa García, e o Presidente do CB Breogán, Jesús Lázare Rincón, presentaron este martes unha nova campaña de concienciación social, enmarcada dentro do contrato de patrocinio asinado polo club celeste e a Deputación para a promoción da provincia e o impulso da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto.
Rivera Capón adiantou que o vindeiro encontro do club celeste no Pazo dos Deportes estará dedicado a difundir a labor da Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo, con motivo do seu 50 aniversario. O obxectivo deste tipo de campañas é camiñar cara unha sociedade máis xusta e igualitaria. Cremos que o Breogán pode ser unha boa canle para chegar aos cidadáns de toda a provincia pola enorme masa social que move e a súa repercusión mediática.
Con motivo desta iniciativa, a Deputación cederá entradas do contrato de patrocinio aos membros e usuarios da Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo para que acudan a presenciar o encontro do sábado, a partir das 19:15 horas no Pazo dos Deportes, e que enfrontará ao CB Breogán e o Gipuzkoa Basket Club. Ademais, repartirase información entre o público asistente sobre a labor social que leva a cabo ASPNAIS na provincia de Lugo para integrar social, educativa e laboralmente ás persoas con algún tipo de discapacidade intelectual.
Máis colaboración con ASPNAIS
Esta iniciativa súmase a outros moitos proxectos conxuntos do Goberno da Deputación e ASPNAIS. Por exemplo, a que manteñen para contribuír ao programa de intervención psicolóxica en persoas con discapacidade intelectual. Unha das axudas máis significativa é a cesión gratuíta do antigo hospital San José, onde ASPNAIS constrúe a súa nova sede. Permitirá que a asociación duplique os seus servizos, pois gana un novo espazo de 10.000 metros cadrados. Poderán atender a 300 persoas con capacidades diferentes de toda a provincia, ofrecer 5 apartamentos para as familias, así como incrementar entre 65 e 70 as prazas residenciais.
Cómpre sinalar, ademais, que os novos obsequios institucionais que emprega o organismo provincial en todos os eventos nos que ten participación (dende actos institucionais de índole social, cultural ou deportivo, entre outros), son pezas artesanais elaboradas polos propios usuarios de ASPNAIS nos obradoiros de carpintería e cerámica que promove e acolle este colectivo social.
Charla sobre deporte e saúde
O Deputado de Deportes informou, por outra parte, da celebración dunha charla-coloquio que terá lugar mañá ás 20:30 horas, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, sobre deporte e saúde, baixo o título de A necesidade dunha correcta diagnose previa ao exercicio amateur e profesional.
Os encargados de impartir a charla serán o adestrador do CB Breogán, Natxo Lezkano, e o xefe da Unidade de Cardioloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti, Carlos González Juanatey. Será conducida polo locutor radiofónico Juan Carlos Rodríguez.