A DEPUTACIÓN DE LUGO CONTINÚA COA TRAMITACIÓN DO BEN EMPREGO DENTRO DA NORMALIDADE E DEMOSTRA QUE NON SE ESTÁ A DESTRUÍR NINGÚN POSTO DE TRABALLO

Xoves, 16 de xullo de 2015.- O deputado delegado de Economía e Demografía, José Antonio García, demostraque a Deputación de Lugo non está a destruír ningún emprego e lamenta que estasdeclaracións dos socialistas, só conseguen xerar alarma nos cidadáns, e sexanfroito dun nerviosismo moi claro e pronunciado do PSOE.
Entendemos onerviosismo dos deputados da oposición pero lamentamos a alarma pública queestán a crear con este tipo de declaracións asentadas en mentiras, explicou odeputado, quen matizou que a día de hoxe os trámites do Ben emprego IIcontinúan a sacarse adiante con normalidade e non se está a dar ningún tipo deparalización.
Están a mentire a xogar cun aspecto que preocupa aos lucenses, matizou José Antonio García, mentres os propios datos e as publicacións noBoletín Oficial da provincia demostran a súa falta de verdade.
Continúase co proceso con normalidade
O deputadodelegado explica que o prazo para a presentación de solicitudes no BenEmpregado II (Fase II) finalizou o 4 de xullo. É dicir, transcorreron dez díaslaborables dende que se finalizara este período para o rexistro dassolicitudes. É imposible resolver un procedemento cando aínda se están arecibir as solicitudes que foron remitidas a través doutros rexistros, amaiores do da Deputación, como o da Subdelegación de Goberno ou o Instituto daMariña, tal e como prevé a Lei de Procedemento Administrativo. Estamos a falarde 1.700 solicitudes que en dez días é inviable analizar e estudar.
Polo tanto etal e como reitera José Antonio García, o expediente está a tramitarse dentroda normalidade e o paso seguinte, unha vez estudada a documentación, será o de requirir a documentacióncomplementaria precisa.
O responsableda área de Economía e Demografía explica a maiores que non se está a poñer enrisco ningún tipo de axuda económica xa que non hai un prazo de execuciónestablecido, polo tanto, é aínda máis incomprensible este tipo de declaraciónse máis se temos en conta que nos atopamos cunha corporación saínte que nonfacilitou ningún tipo de información sobre os expedientes e que deixaron unimportante volume de facturas e contratos pendentes de tramitar.
A desidia e aparalización déronse no anterior goberno provincial e compre soamente lembrarque durante o Ben Emprego I (Fase II), tardaron ata tres meses en realizar asprimeiras contratacións dende que se finalizou o prazo de rexistro desolicitude, e agora estamos a falar de dez días laborables durante os que éinviable estudar 1.700 solicitudes, engade o deputado.
En canto áacusación sobre a diminución de solicitudes que achacan os socialistas, José AntonioGarcía explica que se modificou o procedemento e mentres na primeira fase doBen Emprego, o interesado podía optar a varios perfís de emprego, nesta segundosó pode facelo a un posto de traballo, de aí que se eviten duplicidades e sevexan reducidas o número de solicitudes. Polo tanto, o deputado delegado agardaque o tipo de oposición sexa un pouco máis seria e rigorosa e pídelles aos socialistas que o seu nerviosismo non oleve a este tipo de declaracións que só xeran preocupación nos cidadáns.
Por último, JoséAntonio García tamén se pregunta se esta reacción fóra do normal, cando seestá a seguir o procedemento con normalidade, deriva de intereses vencelladoscoa colocación de persoas vinculadas co PSOE. O deputado delegado quixolembrar que no Ben Empregado I déronse coincidencias de contratados con membros daslistas electorais do PSOE. A Deputación de Lugo deixa de ser un axentedirixido ao pago de favores políticos a amigos e a axentes electorais, e odiñeiro para emprego diríxese a todos os cidadáns da provincia.