Kina Fernández será a madriña da Gala Lvcvs Moda

Kina Fernández será a madriña da terceira edición da Gala Lvcvs Moda. A identidade do deseñador de prestixio encargado de apadriñar a gran cita da moda lucense era un dos segredos mellor gardados e finalmente será esta creadora de sona internacional a que relevará a Francis Montesinos e Victorio y Lucchino coma embaixadora da moda lucense. É sen dúbida unha elección axeitada, xa que Fernández é dende hai tempo, embaixadora da moda galega nas máis destacadas pasarelas.
Ourensá de nacemento, sendo moi nova trasládase a París, onde esperta o seu interese pola creación e o deseño. Tras unha etapa de formación na cidade berce da alta costura, regresa á súa terra, en concreto á Coruña, onde abre o seu primeiro establecemento. Ó pouco tempo comeza a fabricar prendas para outros e xa non parará de aumentar o volume do seu negocio ata que a finais dos setenta abre a súa primeira fábrica. Kina Fernández sempre se interesou pola aplicación das novas tecnoloxías na súa empresa e nos seus deseños, o que sitou entre as firmas de moda española con maior proxección e prestixio no estranxeiro: ademais de estar presente na pasarela Cibeles dende 1998, ó ano seguinte, as creacións de Kina Fernández xa pasearon na capital francesa, no mítico Carrousel do Louvre, escenario compartido con casas de moda míticas coma Chanel ou Dior. A súa última colección, tras presentarse unha vez máis na pasarela madrileña, colleitou éxito de crítica e público nas semanas da moda de París e Londres, das que é asidua. Precisamente estes días vén de exhibir as súas creacións na Semana da Moda de Bratislava, onde acudiu ó ser nomeada Deseñadora Internacional Vip. Os numerosos recoñecementos obtidos por esta deseñadora galega son mostra deste nivel: o galardón a Mejor diseñadora de Moda outorgado por EL Arte de Vivir; a Medalla Castelao ou o premio Galicia en Femenino de Creación.
Centos de profesionais lucenses
Kina Fernández será testemuña do nivel da moda lucense participando, de xeito totalmente desinteresado, nun evento que é posible grazas ó traballo de máis de 100 profesionais que amosarán o seu bo facer. Destacados deseñadores coma Manuel Bolaño, Luis Areñas para Manuela López, Sara Lage e Maru Calderón, Inpe&Sons e Montse Arias; as creacións artesanais de Beatriz Valín e Chicha Lombao; Carmen López; Cecilia Carballo; Idoia Cuesta; Jara Rodríguez; María Rodríguez; Miguel Caamaño; Obradoiro; Pilar Rodríguez; Paula Dimé; Ramón Álvarez; Ramón Lleó; Noela Feal; Vidal Revilla; e Yanllan (formada por Yolanda e Laura Luz Álvarez Nieto). As 10 peluquerías presentes contarán co seu propio desfile: Aluma, Attelier, Benjamín, Doana, Eduardo Souto, Galagroup, Mohama, Mönet, Pilar e René Velasco, presentarán espectaculares peiteados e maquillaxes de pasarela. O espectáculo estará ambientado por 33 grupos musicais lucenses: Alberto Busto, Blö, Brea Sound System, Bristol, David Taboado & ASOC, High Sky, Mentirosos, Mullet, Zinc So!, Aro Arrhythmia, Atup-Lekar, Janies Gun, Lastway, Meskalina, Moondogs Blues Party, Pants off. Psicodelepsia, Ripper Ground, Sally the Aracnophobic, Shattered Mirror, Xenro, Airiños de Orbazai, Andaina, Arrincadeira Folk, Batital, Caivanca, Pastillas Mamut, S3, Safari Orquestra, Telémaco e Zrutablism.
Ademais dos anteriores, as tres finalistas do I Concurso de Novos Deseñadores lucenses, unha iniciativa da Deputación de Lugo que fomenta novos valores da moda, potenciando o sector e favorecendo o emprego xuvenil, presentarán os deseños cos que aspiran a acadar o galardón de 500 euros en metálico ó vencedor, 300 ó segundo e 200 ó terceiro. 24 firmas: IES Muralla Romana; Conservatorio Profesional de Danza; restaurantes España, Mesón de Alberto e Koki García; hoteis Ciudad de Lugo e Méndez Núñez; Guillermo Fajardo, personal shopper para Adamascada; Rochas; Caramelo; Anna de Amigo; Modesto Santa Eularia; Cuplé; Senén; Ramón Rebolo; Dick&Paul; Messalina; Torques; Depidel; Porta Castelli; Coca Cola, Estrella Galicia e Vanity Cakes prestan a súa colaboración nun evento que supón un destacado impulso para un sector no que Lugo conta con grandes profesionais.
Últimas entradas á venda
As persoas que desexen asistir á Gala Lvcvs Moda deberán apresurarse para facerse coa súa entrada, cun prezo de 20 euros, antes do mediodía de mañá no Servizo de Protocolo da Deputación e nos establecementos dos deseñadores participantes, posto que só restan unhas poucas á venda. Xa nos cinco primeiros días máis da metade das entradas foron adquiridas polo numeroso público que mañá, a partir das 21:00 horas, poderá estar presente nesta Gala. Ademais, todos os que acudan á gran cita da moda lucense, obterán coa súa entrada un obsequio por parte das firmas colaboradoras.
VENDA DE ENTRADAS:
Servizo de Protocolo-Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8 Lugo
Horario de mañá
982 260 060
Luis Areñas para Manuela López
Galerías Praza Maior/ Campo Castelo, 10. Local 5. Lugo
982 221 102
Sara Lage y Maru Calderón
Rúa Armaña, 16. Local dereita. Lugo
982 254 764
Montse Arias
Rúa San Froilán, 44. Lugo
982 241 820
Inpe&Sons
Praza Santo Domingo, 24. Lugo
982 255 865
Máis información, na portada da páxina web da Deputación www.deputacionlugo.org