Constitución da Corporación Provincial e investidura da Presidenta, Elena Candia

A mellor expresión da democracia deuse nesta institución e asumimos a responsabilidade de presidir a Deputación de Lugo, imprescindible para os concellos, coa lexitimidade do voto. Poñeremos en valor a política como mellor maneira de resolver os problemas das persoas, de escoitar e facer, de poñer dacordo e acadar un consenso. Este é un obxectivo deste goberno para os próximos catro anos.
Elena Candia