Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación principal patrocinador da XLII Festa da Primavera do Páramo

- O Deputado de Turismo, Vidal Baamonde, presentou xunto co Alcalde do Páramo e o presidente da Asociación de amigos do campo da feira a XLII Festa da Primavera do Páramo da que a Deputación é principal patrocinador cunha axuda de 8.000 euros. - Vidal Baamonde, destacou que “é unha oportunidade única para vivir unha feira tradicional con máis de 40 anos de historia. Repercutindo positivamente na economía do Concello, xa que se espera que reúna a máis de 4.000 visitantes”. - Entre as actividades destacan a feira de artesanía, con máis de 60 postos de todo tipo, e a feira de gando que reunirá en torno a 380 reses da provincia. Tamén a música ten o seu oco, destacando o concerto de Xavier Díaz

O Deputado de turismo, Eduardo Vidal Baamonde; o Alcalde do Páramo, Gumersindo Antonio Rodríguez Liz; o Presidente da Asociación de amigos do campo da feira de O Páramo, Manuel López López; o fundador da mesma asociación, Jesús Méndez López; presentaron este mércores a XLII Festa de Primavera do Páramo que se celebrará a vindeira fin de semana no campo da feira da vila e que conta con unha axuda de 8.000 da Deputación de Lugo.

Vidal Baamonde destacou que “é unha oportunidade única de vivir unha feira tradicional con máis de 40 anos de historia e na que se realzan de valores e elementos que conforman a nosa idiosincrasia e identidade como provincia. Ademais a festividade permitirá dinamizar a vida do Concello, repercutindo positivamente na economía local debido a que se esperan máis de 4.000 visitantes, chegados de todos os rincóns de Galicia.

O domingo ás 18:00 horas a Alta Escola de doma cabalar, levará a cabo o espectáculo El duende Ecuestre, que será, a actividade estrela da festa, pois espérase público chegado de todos os rincóns de Galicia e mesmo de fóra.

Ao longo dos tres días de feira sucederanse máis de 30 actividades sendo a maioría relacionadas co rural. Durante os tres días, destacará a feira de gando, que espera reunir en torno a 380 reses. Tamén haberá feira de artesanía na que haberá máis de 60 postos de todo tipo.

A música terá tamén un papel moi importante. Destacando o concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitres. Haberá espazo para os mozos coa celebración da X Festa da Xuventude o venres e verbena o resto dos días.

Programación

Durante os tres días que durará, levaranse a cabo máis de 30 diferentes actividades que serán as seguintes:

Venres 8

10:00 horas. Lanzamento de foguetes e actuación de charanga.

12:00 horas. Misa solemne.

13:00 horas. Inauguración das Feiras a cargo das autoridades.

14:10 horas. Actuación da banda de Acordeóns O Folión.

14:30 horas. Pregón.

15:00 horas. Xantar Oficial e Comida da 3ª idade.

18:00 horas. Actuación da Recanteira de Luar Verónica Cambón.

23:30 horas. X Festa da Xuventude.

Sábado 9

10:00 horas. Apertura da Feira do Gando.

10:30 horas. Lanzamento de foguetes e pasarrúas.

12:00 horas. Clasificación do gando vacún polos servizos veterinarios.

12:15 horas. Adestramento e mostra canina “Fontao”.

16:00 horas. Adestramento e mostra canina “Fontao”.

16:30 a 19:00 horas. Programa TVG “Aquí Galicia”.

17:00 horas. Desfile de Gando e entrega de trofeos.

22:30 horas. Festa - Verbena coa Orquesta Super Hollywood.

23:30 horas. Concerto do grupo Xavier Diaz e As Aufeiras de Salitre.

Domingo 10

10:00 horas. Lanzamento de foguetes e pasarrúas

10:30 a 20:00 horas. Actuación de grupos folkloricos

12:00 a 20:00 horas. Agrolugo mostra de Exposición do coche de rally dos irmás Vallejo

18:00 horas. Mostra de doma de Alta Escola co espectáculo El duende Ecuestre de Burgos.

19:30. Actuación de Grupo Folclórico.