O Goberno da Deputación leva en agosto 11 demostracións de artesanía aos Concellos da provincia

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, avanzou o calendario de demostracións artesanais que se celebran na provincia neste mes de agosto. É Unha iniciativa coa que colabora o Executivo Provincial achegando recreacións en vivo de oficios artesáns en 11 Concellos da provincia.
García Porto avanzou que son un total de 11 demostracións cunha ampla variedade, na que se inclúe coiro, forxa, serigrafía, cestería e torno de madeira. Os veciños que se acheguen poderán desfrutar da recreación en vivo de distintos oficios, unha iniciativa coa que contribuímos á posta en valor da artesanía e dos produtos autóctonos da provincia.
O calendario das demostracións de artesanía para o mes de agosto é o seguinte;
- O 5 de agosto de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas no espazo natural de Penas de Rodas. Haberá unha demostración de cestería a cargo de María del Carmen Otero Folgueira, que se enmarca dentro da programación da XXXVIII Romaxe Penas de Rodas.
- O 9 de agosto ás 16:00 horas haberá unha demostración de forxa no polideportivo municipal de San Román en Cervantes, a cargo de Victor Uriz Carreiro, esta actividade enmárcase dentro da programación do Sétimo encontro de Artesanía e Produtos Típicos que coincide coas festas patronais da vila.
- O 11 de agosto de 11:00 horas a 14:00 horas haberá unha demostración de cestería na Praza dos Campos en San Ciprián, a cargo de María del Carmen Otero, actividade que se enmarca na programación da XXXIII Maruxaina.
- O 12 de agosto de 10:00 a 14:00 horas haberá unha demostración de serigrafía no recinto feiral de Castroverde, a cargo de Julieta Vargas García. Trátase dunha actividade que se enmarca na programación da XIII Feira de Artesanía e Gastronomía. Este mesmo día tamén se celebra a XXIII Feira da Rosca en Sober dentro desta programación encóntrase a demostración de cestería a cargo de María del Carmen Otero Folgueira, que terá lugar de 10:00 a 14:00 horas, no parque do Concello. Tamén se celebra en Samos a Feira de Produtos Artesáns onde haberá unha demostración de cestería no campo da feira da vila a cargo da artesá María del Carmen Otero Folgueira.
- O 15 de agosto haberá nos xardíns Noriega Varela de Viveiro a demostración de Forxa a cargo de Victor Uriz Carreira de 17:30 ata ás 21:30 horas. Unha actividade que se enmarca dentro da programación da Feira de Artesanía que se celebra dos días 10 ao 19 de agosto.
- O 18 de agosto celébrase en Quiroga a Feira Qui-Roma e dentro da súa programación encontramos a demostración de coiro a cargo de Isabel Novo Barreiro, que terá lugar a partir das 11:00 horas na Praza Maior da localidade.
- O 24 de agosto haberá unha demostración de Coiro a cargo de Isabel Novo Barreiro, a partir das 16:30 na carballeira do Mosteiro de Pol. Esta actividade enmárcase dentro da Festa do Emigrante que se celebra no municipio.
O 25 de agosto haberá unha demostración de coiro marroquinería a cargo de Jose Ramón Lleó dentro do VIII Desembarco Normando de Foz. Este mesmo día haberá unha demostración de Torno de madeira en Chantada a cargo de David Doral García.