A Deputación asiste á inauguración da nova sede do Ilustre Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou este mércores na inauguración das novas instalacións do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, situadas na rúa Ramón e Cajal número 2. A continuación, tivo lugar no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo a entrega de insignias coas que a entidade lucense recoñeceu aos farmacéuticos e farmacéuticas que compren 25 e 50 anos de exercicio profesional. A estes actos tamén asistiu a Concelleira de Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López, e o Presidente do Consello Xeral de Colexios de Farmacéuticos de España, Jesús Aguilar Santamaría, entre outras autoridades.