Mondoñedo acolle unha nova edición dos premios de poesía Díaz Jácome, co apoio da Deputación
A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto con outras autoridades, participou este sábado no salón de Plenos do Concello de Mondoñedo, na entrega de premios da XIX Edición de poesía Díaz Jácome, que contan co apoio da Deputación. Nesta edición os premiados foron Berta Dávila Fernández, Alexandre Fernández Peón e Laura López Esteban.
García Porto sinalou que “preservar o legado dos nosos escritores é preservar a historia e a cultura deste pais. Por iso Berta, Alexandre e Laura é importante o premio Díaz Jácome que recibides hoxe, porque segue mantendo vivo a chama e o espírito desta estirpe de escritores e xornalistas mindonienses, que defenderon sempre a súa terra, a súa lingua e a súa cultura. E por suposto sempre en mente o seu Mondoñedo natal”