Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

O mércores abre XuvenLugo, a cita lúdica do Nadal impulsada por Deputación e Concello

XuvenLugo
Presentación do XuvenLugo 2018-19
Álvaro Santos, Carmen Basadre, e Rubén López presentaron o evento, que terá lugar ata o 7 de xaneiro no Pazo de Feiras e Congresos, en xornada de tarde. A entrada xenérica é de 6 euros e existen bonos

Álvaro Santos subliñou o caracter educativo e lúdico de XuvenLugo, "un espazo no que pode convivir e participar toda a familia"; así como o éxito que vai gañado, agardando este ano a 20.000 persoas, "o que supón que xa é unha oferta imprescindible do Nadal lugués"

Carmen Basadre puxo en valor esta iniciativa, "que non deixou de medrar ano tras ano e de incluír novidades, como por exemplo nesta edición, actividades para nenos e nenas de 0 a 3 anos". Serve ademais como conciliación laboral e familiar

Celebraranse dúas xornadas de portas abertas, unha o día 5 de decembro promovida polo Concello, e outra o os 14 de decembro, promovida pola Deputación

Deputación, Concello e Pazo de Feiras e Congresos, unha vez máis, súmanse para promover unha nova edición dun evento clásico do Nadal para o lecer familiar: o XuvenLugo. O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o xerente do Pazo de Feiras e Congresos, Rubén López, presentaron este luns a programación para esta nova edición, que terá lugar do 5 de decembro ao 7 de xaneiro en dous pavillóns e un corredor do Pazo de Feiras e Congresos. Ao acto tamén asistiu un representante de Caixabank, patrocinador da cita.

Santos Ramos subliñou o carácter educativo e lúdico de XuvenLugo, "un espazo no que pode convivir e participar toda a familia"; así como o éxito que vai gañado ano tras ano, con máis de 15.000 visitantes a pasada edición e agardando este ano a 20.000 persoas, "o que supón que xa é unha oferta imprescindible do Nadal lugués".

Carmen Basadre puxo en valor esta iniciativa, "que non deixou de medrar ano tras ano e de incluír novidades, como por exemplo nesta edición, actividades para nenos e nenas de 0 a 3 anos". Serve ademais, tal e como asegurou a edil, como conciliación laboral e familiar.

Para rematar, Rubén López agradeceu a imprescindible colaboración de Concello e Deputación e por seguir crendo en XuvenLugo, que este ano incorpora na súa oferta atraccións de moda e de última xeración; como o Maxidance, que se xunta a 10 atraccións mecánicas máis.

Datas, horario e prezos
XuvenLugo, que conta cunha colaboración conxunta de 15.000 euros da entidade local e provincial, abrirá as súas portas en xornada de tarde, de 16:30 horas a 20:30 horas, nas seguintes datas: do 5 ao 9 de decembro, do 14 ao 16 de decembro; do 21 ao 23 de decembro; do 25 ao 30 de decembro; do 1 ao 4 de xaneiro de 2018; e 6 e 7 de xaneiro de 2018; con prezos atractivos.

A entrada xenérica de XuvenLugo será de 6 euros. Poderase sacar un bono grupal de 50 euros para 10 persoas que terá validez para un só día. Haberá un prezo especial da entrada a 4,5 euros para Concellos, colexios e asociacións, mediante reserva anticipada e para un mínimo de 15 persoas. O prezo para outras actividades dentro do recinto variará segundo os xogos: o acceso á pista de minigolf será de 1,5 euros; ao toro mecánico ou á pista de slot, 2 euros. Celebraranse dúas xornadas de portas abertas, unha o día 5 de decembro promovida polo Concello, e outra o os 14 de decembro, promovida pola Deputación.
 

Ver aquí toda a información