A Deputación renova a colaboración coas xornadas Africor Lugo

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, e o presidente de AFRICOR, José Carlos Vega Rodríguez, inauguraron este xoves no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo, as Xornadas Africor Lugo que organiza esta entidade e que contan coa colaboración da Deputación. Nesta ocasión, o programa centrouse no análise do bo funcionamento das explotacións gandeiras na actualidade, a través da toma de datos ou a xestión do persoal; a organización do traballo; o secado, ou o uso da penicilina como antibiótico, entre outras cuestións.
Roberto García sinalou a importancia de AFRICOR para a provincia como un colectivo de referencia e puxo en valor o compromiso que mantén a Deputación co sector primario “porque é un dos principais motores económicos da nosa provincia, e polo tanto, un factor clave para xerar emprego e fixar poboación, sobre todo no rural".