Deputación de Lugo

A Deputación participa en Lugo nos actos de honra á patroa da Policía Local

Pablo Rivera Capón
Policía Local
Actos homenaxe patroa policía local

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este mércores nos actos que se están a celebrar con motivo da conmemoración do Día de María Auxiliadora, patroa da Policía Local. A xornada comezou diante da Casa Consistorial de Lugo coa formación dos axentes e continuou cunha misa na Catedral. O evento rematará cun acto institucional no auditorio Fuxan Os Ventos no que se realizará unha homenaxe á Excma. Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos Fondo, e se entregarán as medallas de Servizos da Policía Local. A este evento tamén asistiu o Alcalde do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez, e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López, entre outras autoridades.