A Deputación súmase ao minuto de silencio en lembranza das persoas falecidas pola Covid-19

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e a Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, asistiron esta mañá ao minuto de silencio que convocou a Subdelegación do Goberno en Lugo en lembranza das persoas falecidas pola pandemia da Covid-19.