O Presidente da Deputación participa na reunión telemática do padroado da Fundación Rof Codina

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participaron este martes na reunión telemática do padroado da Fundación de Rof Codina. Como membro desta entidade veterinaria vinculada á USC, a Deputación de Lugo aporta 110.000 euros para apoiar o benestar animal a través da asistencia, investigación e docencia.
Durante o encontro abordouse o impacto da crise sanitaria da Covid-19, os diversos convenios que mantén esta institución e presentouse a memoria da actividade 2019 do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina. Tamén se analizou a situación orzamentaria e aprobáronse as contas anuais e o orzamento e o cadro persoal do 2020, entre outros temas.