O Pazo de San Marcos será sede da Exfilna 2021 que se celebrará entre o 21 e o 24 de outubro

A Deputada da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou na presentación da Exposición Filatélica Nacional, Exfilna 2021, xunto con outras autoridades da provincia. No acto, que se celebrou este martes no salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo, anunciouse que a Exposición e o Campionato de España deste ano terán lugar entre os días 21 e 24 de outubro en tres sedes diferentes da capital lucense: na Praza de Santa María, no Salón Rexio do Círculo das Artes e na sala de exposicións do Pazo de San Marcos. Exfilna 2021 centrarase na promoción do estudo de selos de correo coma un valor cultural e económico.