A escritora Marta Sanz participa na nova entrega dos Ciberfaladoiros Feministas organizados pola Deputación

A escritora Marta Sanz protagoniza este xoves, 15 de abril, un novo Ciberfaladoiro Feminista, organizado pola Deputación de Lugo en colaboración co Foro Feminista Maruxa Mallo. A autora presentará o seu último libro Pequeñas mujeres rojas, ademais dutras publicacións con temática feminista como Amapolas. Cuerpo, mujer, memoria, enmarcado no programa deste ano que leva como título Mulleres que fan cousas.
As persoas interesadas en asistir deberán rexistrarse no seguinte formulario https://forms.gle/fv3ZJcGTv67wLgr69, a través do que recibirán a ligazón para acceder a emisión en directo a partir das 19.30 horas deste xoves. Estes encontros feministas buscan promover o debate social, fomentar a participación e o intercambio de información, ademais de pór en valor a voz das mulleres.