Deputación de Lugo
Economía

A Deputación participa na nova edición do Street Market de Lugo

Street Market
Lugo
Pablo Rivera Street Market

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou esta mañá na XVI edición do Street Market de Lugo, unha iniciativa da Asociación de Autónomas lucense co obxectivo de incentivar a compra no comercio local. Logo dun ano de interrupción pola pandemia, preto de 70 establecementos da capital luguesa volveron a sacar este venres os seus produtos á rúa e ofrecen importantes descontos. O Deputado visitou esta mañá diferentes expositores situados no casco histórico acompañado pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana González Abelleira, e a presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López. Rivera destacou a importancia de continuar apoiando ao tecido asociativo da provincia para axudar aos sectores máis afectados pola crise sanitaria a recuperarse.