Dúas asociacións de Vilalba percorren a Ribeira Sacra co programa Coñece a túa provincia
![Coñece a túa provincia Coñece a túa provincia](/sites/deputacionlugo.org/files/2021-09/230921%20Co%C3%B1ece%20a%20t%C3%BAa%20provincia.%20Asociaci%C3%B3n%20Amigos%20da%20Liga%20Santaballesa.jpg)
Dúas asociacións vilalbesas participaron este xoves no programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia posto en marcha pola Deputación de Lugo para favorecer o turismo de proximidade e axudar á hostalería e ao comercio a recuperarse do impacto da pandemia. Por unha banda, a Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa comezaron a viaxe no Mazo de Santa Comba e percorreron despois o concello de Sober, onde coñeceron a viticultura heroica e realizaron un percorrido no catamarán da Deputación de Lugo polo río Sil. Por outra banda, a Asociación de Mulleres de San Bartolomeu de Insua comezou a xornada coñecendo a historia do Pazo de San Marcos e posteriormente viaxou ata Belesar para percorrer o Miño nas viaxes en catamarán da institución provincial. As rutas do programa Coñece a túa provincia realízanse en días laborables de martes a venres ata o 10 de novembro e beneficiaranse un total de 62 agrupacións.