Deputación de Lugo
Turismo

Dúas asociacións de Vilalba percorren a Ribeira Sacra co programa Coñece a túa provincia

Deputación de Lugo
turismo
Coñece a túa Provincia
Coñece a túa provincia

Dúas asociacións vilalbesas participaron este xoves no programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia posto en marcha pola Deputación de Lugo para favorecer o turismo de proximidade e axudar á hostalería e ao comercio a recuperarse do impacto da pandemia. Por unha banda, a Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa comezaron a viaxe no Mazo de Santa Comba e percorreron despois o concello de Sober, onde coñeceron a viticultura heroica e realizaron un percorrido no catamarán da Deputación de Lugo polo río Sil. Por outra banda, a Asociación de Mulleres de San Bartolomeu de Insua comezou a xornada coñecendo a historia do Pazo de San Marcos e posteriormente viaxou ata Belesar para percorrer o Miño nas viaxes en catamarán da institución provincial. As rutas do programa Coñece a túa provincia realízanse en días laborables de martes a venres ata o 10 de novembro e beneficiaranse un total de 62 agrupacións. 

 

San Bartolomeu de Insua