PLENO
O Pleno é o máximo órgano de decisión da Deputación. Está formado polo Presidente e pola totalidade dos deputados. Exerce as atribucións e competencias que lle confire a Lei básica local, en particular o artigo 33 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local, e as demais normas pertinentes, así como cantas outras lle atribúan as disposicións xerais, sen prexuízo das delegacións que confire o presente Regulamento. Entre outras:
- Organización da Deputación Provincial.
- Elección do presidente/a da Deputación.
- O control e fiscalización dos órganos de goberno.
- Aprobación e modificación do Regulamento Orgánico da Corporación , así como das ordenanzas.
- Aprobación e modificación dos orzamentos, a disposición de gastos dentro dos límites da súa competencia e a aprobación provisional das contas, de acordo co disposto na Lei de facendas locais.
- Aprobación do Plan Provincial de Obras e Servizos e demais plans provinciais que poida ou deba aprobar a Deputación Provincial.
- Conceder subvencións na contía da aprobación do gasto en materia de contratación
- Aprobación do cadro de persoal, xunto co orzamento, a relación de postos de traballo, a fixación da contía das retribucións complementarias, fixas e periódicas dos funcionarios e o número e réxime do persoal eventual, así como o réxime e retribución dos membros da Corporación.
- Aprobación de convenios de colaboración coa Administración do Estado e outras administracións públicas ou entidades privadas, sempre que a súa contía, materia ou duración sexa da súa competencia.
O Pleno da Deputación de Lugo celebra as súas sesións ordinarias o derradeiro martes de cada mes ás 11:00 horas, sendo as sesións públicas.