Política de privacidade

A través deste sitio web non se solicitan datos de carácter persoal dos usuarios sen o seu coñecemento, nin se ceden a terceiros.
Coa finalidade de ofrecerlle o mellor servizo e co obxecto de facilitar o uso, analízanse o número de páxinas visitadas, o número de visitas, así como a actividade dos visitantes e a súa frecuencia de utilización. A estes efectos, a Deputación de Lugo utiliza a información estatística xerada polos sistemas de información.

A Deputación de Lugo non utiliza cookies para recoller información dos usuarios, nin rexistra as direccións IP de acceso. Unicamente utilízanse cookies propias,  de sesión, con finalidade técnica (aquelas que permiten ao usuario a navegación a través do sitio web e a utilización das diferentes opcións e servizos que nela existen).

O portal do que é titular a Deputación de Lugo contén ligazóns a sitios web de terceiros, cuxas políticas de privacidade son alleas á da Deputación de Lugo. Ao acceder a tales sitios web vostede pode decidir se acepta as súas políticas de privacidade e de cookies. Con carácter xeral, se navega por internet vostede pode aceptar ou rexeitar as cookies de terceiros desde as opcións de configuración do seu navegador.

Información básica sobre protección de datos
A continuación informámoslle sobre a política de protección de datos da Deputación de Lugo.

Responsable do tratamento
Os datos de carácter persoal que se puidesen solicitar directamente do interesado serán tratados de forma confidencial e quedarán incorporados á correspondente actividade de tratamento titularidade de  a Deputación de Lugo.

Finalidade
A finalidade do tratamento dos datos corresponde a cada unha das actividades de tratamento que realiza a Deputación de Lugo e especifícase en cada un dos formularios de recollida de información.

Lexitimación
O tratamento dos seus datos realízase para o cumprimento de obrigacións legais por parte da Deputación de Lugo, para o cumprimento de misións realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos á Deputación de Lugo, así como cando a finalidade do tratamento requira o seu consentimento, que haberá de ser prestado mediante unha clara acción afirmativa.
Nos formularios de recollida de datos concrétase, en cada caso, a base de lexitimación.

Conservación de datos
Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitan e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da finalidade, ademais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.

Comunicación de datos
Con carácter xeral non se comunicarán os datos persoais a terceiros, salvo obrigación legal ou interese lexítimo do solicitante.
Nos formularios de recollida de datos concrétanse, en cada caso, as posibles comunicacións que poidan realizarse.

Dereitos dos interesados
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre os tratamentos que dos seus datos que levan a cabo pola Deputación de Lugo.
Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidad dos seus datos, de limitación e oposición ao seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando procedan, ante a Deputación de Lugo, Rúa San Marcos, 8, 27001 Lugo ou na dirección de correo protecciondatos@deputacionlugo.org.

Aviso legal

O titular deste portal é a Deputación de Lugo, con NIF P-2700000-I, domicilio en Rúa San Marcos, 8, 27001 Lugo, e teléfono 982 26 00 00.
Propiedade intelectual e industrial
O deseño do portal e os seus códigos fonte, así como os logos, marcas e demais signos distintivos que aparecen no mesmo pertencen á Deputación de Lugo e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial.

Responsabilidade dos contidos
A Deputación de Lugo non se fai responsable da legalidade doutros sitios web de terceiros desde os que poida accederse ao portal. A Deputación de Lugo tampouco responde pola legalidade doutros sitios web de terceiros, que puidesen estar vinculados ou enlazados desde este portal.
A Deputación de Lugo resérvase o dereito para realizar cambios no sitio web sen previo aviso, ao obxecto de manter actualizada a súa información, engadindo, modificando, corrixindo ou eliminando  os contidos publicados ou o deseño do portal.
A Deputación de Lugo non será responsable do uso que terceiros fagan da información publicada no portal, nin tampouco dos danos sufridos ou perdas económicas que, de forma directa ou indirecta, produzan ou poidan producir prexuízos económicos, materiais ou sobre datos, provocados polo uso da devandita información.

Reprodución de contidos
Prohíbese a reprodución total ou parcial dos contidos publicados no portal. Con todo, os contidos que sexan considerados como datos abertos na Sede electrónica, publicados segundo o previsto no Real Decreto 1495/2011, do 24 de outubro, de desenvolvemento da Lei 37/2007, sobre reutilización da información do sector público, para o ámbito do sector público estatal, poderán ser obxecto de reprodución nos termos previstos pola lexislación e normativa aplicable.

Sede electrónica
De acordo co establecido polo artigo 7 do Real Decreto 1671/2009, do 6 de novembro, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, a Deputación de Lugo responsabilízase da integridade, veracidade e actualización da información e os servizos aos que poida accederse a través da súa Sede electrónica (https://sede.deputacionlugo.org).

Portal de transparencia
A través da información publicada no portal de transparencia, a Deputación de Lugo atende de forma periódica e actualizada o principio de publicidade activa establecido pola Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cos mecanismos adecuados para facilitar a accesibilidade, a interoperabilidade, a calidade e a reutilización da información, así como a súa identificación e localización.

Lei aplicable
A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este aviso legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos do presente portal, será a lei española.