En cumprimento do establecido na Lei 2/2023, de 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, a Deputación Provincial de Lugo implantou un sistema interno de información.
Este sistema cumpre coa finalidade da citada Lei permitindo que as persoas físicas poidan informar sobre algunha das accións ou omisións ás que se refire o seu artigo 2, fundamentalmente infraccións do Dereito da UE e infraccións penais ou administrativas graves ou moi graves.
Na seguinte ligazón poderá acceder a información relevante sobre o sistema interno de información, o responsable do sistema, os dereitos do informante e a política de protección de datos. Así mesmo, pode consultar o procedemento establecido para a xestión das comunicacións recibidas nesta ligazón.
Para a presentación destas informacións, o Sistema dispón dunha canle interna que permite a comunicación escrita por medio dunha aplicación informática que cumpre cos criterios de confidencialidade da información e a protección de datos á que se pode acceder a través desta ligazón.