
A DEPUTACIÓN COAS PERSOAS
A Deputación de Lugo ten entre as súas misións a de atender ás necesidades sociais da cidadanía dentro do seu ámbito competencial, co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida.
Dentro das actuacións da Deputación de Lugo atópanse:
- A posta en marcha de servizos sociais comunitarios específicos, mediante a creación dunha rede de recursos de atención as persoas maiores en distintos municipios da provincia.
- A prestación de servizos ás persoas maiores que presentan situacións de vulnerabilidade, a través de apoio técnico e económico aos servizos sociais comunitarios básicos no financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de libre concorrencia.
- A prestación do Servizo de Teleasistencia Social no Fogar.
- As iniciativas de prevención da dependencia mediante o fomento do envellecemento activo a través do Programa de LugoTermal.
- A promoción da igualdade mediante o impulso de accións dirixidas a concienciar, sensibilizar e visibilizar a necesidade dunha igualdade real e efectiva en todos os ámbitos da sociedade e a realización de aquelas actividades que denuncien e condenen a violencia de xénero.

