Área de Deportes, Artesanía e Deseño,


A Deputación é a administración galega que máis inviste por habitante en deporte, con liñas de axudas para clubes, deportistas, eventos e escolas deportivas.

Ademáis, dentro desta área, inclúese o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo (CENTRAD) que serve como instrumento para a promoción da cultura dos oficios, a integración, a cohesión e a mellora da competitividade dos obradoiros artesáns de toda a provincia e que acolle nas súas salas de exposicións permanentes do Libro, de Traxe, Cestería e Olería Tradicional, xunto coa Colección de Instrumentos Musicais e Obxectos Sonoros.


A responsable desta área é o vicepresidente Efrén Castro Caloto