Menu toggle
Arquivo

IM1

 

DOCUMENTO DESTACADO

Ángela Pardo Celada

  

 Petición de dona Ángela Pardo Celada solicitando prestar os seus servizos na Casa da Maternidade. 1937   sin. 3266.2 ADPL  

O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. En 2026 celébrase baixo o lema “Dereitos. Xustiza. Acción. Para TODAS as mulleres e nenas”, co que a ONU chama a eliminar as barreiras que aínda impiden a igualdade real. Neste contexto, os arquivos contribúen a preservar e visibilizar a memoria histórica das mulleres a través dos documentos que testemuñan a súa presenza na sociedade.

Ángela Pardo Celada (Becerreá, 1904 – Lugo, 1988) foi unha médica galega e unha das primeiras mulleres en exercer a xinecoloxía en Lugo. Licenciada en Medicina e especializada en xinecoloxía e puericultura, desenvolveu a súa actividade profesional principalmente nesta cidade, onde desempeñou tamén responsabilidades no Hospital Provincial. A súa traxectoria reflicte a temperá incorporación das mulleres á práctica médica no século XX.