PLAN DE MEDIDAS ANTIFRAUDE DA DEPUTACIÓN DE LUGO

A Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, do Ministerio de Hacienda y Función Pública pola que se configura o sistema de xestión do PRTR- Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia establece no seu artigo 6.1 que, coa finalidade de protexer os intereses financeiros da Unión Europea  (artigo 22 do Regulamento-UE 241/2021 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021), toda entidade,  decisoria ou executora, que participe na execución das medidas do  Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia, deberá dispoñer dun «Plan de medidas antifraude» que lle permita garantir e declarar que, no seu respectivo ámbito de actuación, os fondos correspondentes utilizáronse de conformidade coas normas aplicables, en particular, no que se refire á prevención, detección e corrección da fraude, a corrupción e os conflitos de intereses.


Cumprindo coa mesma, o Pleno da Deputación de Lugo, na sesión ordinaria do 31 de maio de 2022, aprobou o Plan de Medidas Antifraude da Deputación de Lugo así como os seus modelos e formularios e o Código de Conduta.


Pode descargar cada un dos documentos nas seguintes ligazóns:


Este Plan súmase ao compromiso adoptado polo Pleno da Corporación o 25.01.2022 onde se aprobou por unanimidade unha declaración institucional na que manifestaba o compromiso desta Entidade na loita contra a fraude e a corrupción. https://www.deputacionlugo.gal/gl/node/77087

 

CANLE ÉTICA

As persoas que prestan os seus servizos nas organizacións son fundamentais á hora de detectar non só ameazas, irregularidades ou prexuízos contra o interese público que poidan constituír fraude, corrupción, conflitos de intereses ou dobre financiamento, senón tamén para revelar irregularidades do propio sistema que, aínda non sendo graves, poidan comprometer a súa eficacia.


Igualmente, polo seu contacto estreito ou pola súa relación particular, terceiros alleos á Deputación de Lugo poden ter coñecemento deste tipo de feitos, polo que se debe dispor dunha canle de comunicación para detectar e previr coa maior celeridade calquera tipo de irregularidade ou incumprimento.


No epígrafe 12 do Plan de Medidas Antifraude da Deputación de Lugo se estable a creación da Canle Ética que estará dispoñible a través da páxina web (deputacionlugo.gal) e que ten carácter confidencial.


Aqueles destinatarios e terceiros que queiran revelar calquera tipo de irregularidade ou incumprimento na xestión dos fondos do PRTR- Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia,  teñen á súa disposición o enderezo  antifraude@deputacionlugo.org. No mesmo enderezo poderán formular dúbidas ou recibir asesoramento  sobre calquera cuestión do PMA.


Ademais da Canle Ética, todos os destinatarios e terceiros teñen á súa disposición a canle «Infofraude», disposta polo Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA), ao que poderán acceder no seguinte enlace: https://planderecuperacion.gob.es/buzon-antifraude-canal-de-denuncias-del-mecanismo-para-la-recuperacion-y-resiliencia


Así mesmo, inclúese o seguinte enlace ao formulario específico habilitado polo SNCA para a comunicación de información sobre fraudes ou irregularidades que afecten a fondos europeos:
https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx