SEMANA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS 2025

Portada

Prema na imaxe para reproducir o vídeo da exposición virtual

Beca

Expediente da bolsa concedida pola Deputación Provincial de Lugo a Maruja Mallo (prema na imaxe para acceder)

No contexto da transformación dixital, os arquivos procuran ampliar o acceso aos seus fondos documentais. Esta evolución tecnolóxica non só redefine os métodos de xestión e preservación, senón que tamén reforza o compromiso coa inclusión e a democratización do coñecemento.

O tema deste ano destaca as diversas iniciativas a través das cales os arquivos, a nivel internacional, están a adoptar solucións tecnolóxicas para facer accesibles as súas coleccións a públicos amplos e diversos. Mediante o uso de plataformas dixitais, deseños centrados na accesibilidade e novas técnicas de preservación, preténdese asegurar que o patrimonio documental poida ser consultado por todas as persoas, con independencia da súa situación xeográfica ou das posibles limitacións físicas. Este proceso de apertura contribúe non só a facilitar o acceso á memoria histórica, ao saber e á cultura, senón tamén a consolidar o papel dos arquivos como actores clave na promoción de sociedades máis equitativas, inclusivas e participativas.

SEMANA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS 2024

Portada

9 de xunio de 2024 celebrase o Día Internacional dos Arquivos, data na que se conmemora a creación en 1948 do Consello Internacional de Archivos (ICA). Esta organización internacional, de carácter non gubernamental e impulsada pola Unesco, ten como obxectivo fomentar a xestión e o uso eficientes dos documentos de arquivo, así como a preservación do patrimonio arquivístico da humanidade.

Desde o Arquivo da Deputación Provincial de Lugo unímonos a esta celebración compartindo unha parte da historia da institución de beneficencia San Xosé, que tanta importancia tivo na nosa provincia a través dos documentos custodiados no noso Arquivo.

SEMANA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS 2023

portada galego

9 de xuño de 2023 celébrase o Día Internacional dos Arquivos, data na que se conmemora a creación en 1948 do Consello Internacional de Arquivos (ICA). Esta organización internacional, de carácter non gobernamental e impulsada pola Unesco, ten como obxectivo fomentar a xestión e o uso eficientes dos documentos de arquivo, así como a preservación do patrimonio arquivístico da humanidade.

Este ano commemoramos os aniversarios do ICA e da Asociación Latinoamericana de Arquivos (ALA) #75AñosICA #50AñosALA. Con #ArquivosUnidos buscamos reflexionar e destacar sobre como a conexión destas dúas organizacións permitiu o avance na promoción e a defensa dos arquivos na rexión. A Semana Internacional dos Arquivos 2023 será a oportunidade de celebrar virtualmente coa comunidade iberoamericana estendida aos aniversarios de ambas asociacións: 75 anos do ICA e 50 anos da ALA.

Dende o Arquivo da Deputación Provincial de Lugo unímonos a esta celebración compartindo un anaco da historia da psiquiatría da nosa provincia a través de documentos do Hospital Psiquíatrico de Castro custodiados no noso Arquivo.

DÍA INTERNACIONAL DE LOS ARCHIVOS 2022

DÍA INTERNACIONAL DE LOS ARCHIVOS 2021