Servizos
Sala de consulta e biblioteca auxiliar do AXDL
- Sala de consulta: consulta de documentos orixinais.
- Información e asesoramento aos usuarios: atención de forma presencial, por teléfono, correo postal, correo electrónico ou formulario de solicitude.
- Préstamo administrativo.
- Reprodución de documentos, axustándose ás limitacións de acceso á documentación recollidas na lexislación vixente.
- Consulta da biblioteca auxiliar especializada en arquivística, administración e historia local.
- Servizo de difusión.
- Certificación e compulsas de documentación.
- Laboratorio de restauración.
Normas de acceso
Acceso libre segundo o artigo 105.b) da Constitución española e gratuíto.
O dereito de acceso á información pode limitarse para aqueles documentos que conteñen datos ou información que, pola súa consulta pública, poidan lesionar os dereitos doutras persoas ou colectivos.
Para acceder á documentación, o usuario deberá poñerse en contacto co Arquivo a través do correo electrónico. Ademais, deberá facilitar documentación acreditativa (DNI, pasaporte...).